Seleccionar página

O Trofeo Federación de cross country olímpico (XCO) realizou a súa cuarta e penúltima parada en Baños de Molgas. Neste concello ourensá celebrouse o pasado sábado o II Trofeo Estaciones Vivas, unha proba disputada nun circuíto cun encanto especial. Os bikers rodaron por un fermoso bosque autóctono onde Pablo Álvarez foi o gran triunfador. O sub23 do Cambre-Caeiro acadou a vitoria absoluta na carreira raíña e colocouse como novo líder da súa categoría.

BAÑOS DE MOLGAS 8/06/2019.- Cameponatobtt, peques. José Paz

O corredor do conxunto coruñés encabezou unha nómina de gañadores composta pola cadete Laura Mira (Redondela Il Piccolo), o cadete Ricardo Buba (Coruxo), a júnior Andrea García (Academia Postal – Maceda), o júnior Marco Nube Lema (Academia Postal – Maceda), a elite Aida García (Ciclistmo – Triatlon Poio), o elite Jorge Punzón (Cosmos), o máster-30 Rubén Deaño (Grupeta Pan de Zarko), o máster-40 Marcos Mayo (Noela) e o máster-50/60 José Ramón Castelo (Barbanzabike).

A Fundación ADO Moure Pro Deporte, en colaboración co Club Ciclista Orensano, tivo que traballar moito e moi rápido para encher o baleiro que deixara no calendario autonómico a suspensión das probas que tiña programadas o Club Ciclista Marín. O reto era sacar adiante o seu primeiro evento de Mini BTT e a competición puntuable para o Trofeo Federación.

En ambos casos, o labor dos organizadores resultou un éxito. Pola mañá reuníronse 285 rapaces e rapazas, mentres que pola tarde os 88 participantes no XCO atopáronse un trazado moi coidado nun marco espesctacular.

Duelo a catro

A ausencia de Iván Feijoo, que se anotara o triunfo nas tres xornadas anteriores, provocou que a carreira elite e sub23 arrancara cun pronóstico incerto. Alberto Pedreira (Bici Verde) saiu a por todas e a metade da primeira das seis voltas foi alcanzado por Pablo Álvarez, Jorge Punzón e Estefan González (Burgas Bike).

Por mor dun problema mecánico perdeu contacto o líder elite Punzón e o duelo a catro quedou finalmente reducido a un cara a cara entre os sub23 Álvarez e González. «Na terceira volta, nunha subida bastante técnica, puiden descolgalo. A partir de aí rodei en solitario e tirei a morte ata chegar a meta», comentou o do Cambre- Caeiro.

O gañador bateu por unha diferenza de 1:06 a González e a 3:30 rematou Punzón, terceiro na táboa absoluta e primeiro elite. Os 150 puntos sumados por Álvarez permítenlle adiantar a Feijoo no ranking sub23.

Tamén cambiaron de propietarios os maillots de líderes en cadetes. Nas rapazas agora perténcelle a Laura Mira e nos rapaces, a Anxo Carril (Coruxo). No resto de categorías continúan mandando Andrea García e Marco Nube Lema en juniors, Zaida González (O Rosal) nas sub23, Desiree Fernández (RSBike) e Punzón en elites, Iván Pereira (RSBike) nos máster-30, Rocío Blanco (A Forna) nas máster, Marcos Mayo nos máster-40 e José Ramón Castelo nos máster-50/60.

Xaime Iglesias, alcalde de Baños de Molgas; Carlos Moure, máximo responsable da Fundación ADO Moure Pro Deporte; e Esteban Lorenzo, tesoureiro da Federación Galega de Ciclismo, presidiron a cerimonia de podio coa que se pechou a xornada. O desenlace do Trofeo Federación queda a expensas do que suceda o sábado 22 de xuño no V XCO Concello de Sanxenxo.

 

Fotos: Luz Iglesias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies